miércoles, 9 de noviembre de 2022

Volve Laxe dos Cebros!

 Esta é unha das estacións que máis quero, e cada vez que a visito a quero máis, como a un deses amores tardíos e crepusculares nos que todo son olladas e presenzas. É pequena, pero soberbia, e, con seguridade, tamén unha das máis elocuentes. A escena, con esa compacta manda de cervos que trotan semellando dirixirse ás enigmáticas e telúricas combinacións circulares, auténticos "buratos negros" do pasado, é unha das máis suxerentes de toda a Arte Prehistórica galega e, probablemente, unha das moi poucas que nos permite lela coas claves e mentalidades do presente. Unha xoia única.

Pero tamén a protagonista dunha historia recente de tristura e soidade. O mes de agosto do ano 2006, ao igual que para moitas das súas irmás, foi devestador. Primeiro o lume despredeu parte da súa superficie en forma de placas e logo os sedimentos cinzentos cubriron esta gran améndoa de gran. Pouco tempo despois, aparecía tapada por unha costra negra de sucidade, fungos e liques. Unha imaxe arrepiante baixo a que era imposible percibir aquela representación viva e hipnótica.

Traballos de limpeza e restauración do soporte dos gravados de Laxe dos Cebros, Fentáns

Hoxe, o equipo de restauración, logo de xornadas baixo unhas unhas condicións duras e difíciles, sacaron á luza un dos grandes tesouros da Historia de Galicia e o resultado, como poderán ver abaixo, resultou espectacular.  A Laxe dos Cebros, no pastizal de Fentáns, a senda do coñecemento, a porta do alén, volve estar de novo connosco. Benvida!  




A estación antes e despois dos traballos de restauración


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Benvidos de novo!

 Como as aves que migran ás portas do inverno, volvemos outra campaña aos petróglifos de Cerdedo - Cotobade, unha das zonas con maior densid...